Asociación Fonte do Milagro

Para o vindeiro día 10 de setembro organizamos unha ruta  polo vello camiño da feira que leva dende Froxán a Quiroga, un percorrido cheo de historia e sentimento. Ó longo dos tempos foron centos e centos os coureláns que usaron esta vía para tomar rumbo ás "Américas" na busca de "El Dorado", tamén viu o retorno dalgúns, non moitos, que sentiron a morriña e retornaron o seu "terruño". Este camiño nalgúns tramos é coñecido como Camiño Real polos lugareños de maior idade. Hasta mediados do século XX foi saída e entrada natural para as xentes da zona sur de O Courel, foi vía de conexión do Courel Baixo co Camiño de Ferro na estación de San Clodio, e  comunmente coñecido como "CAMIÑO DA FEIRA" o ser transitado os días 10 e 27 de cada mes por tratantes de gando ou veciños que se achegaban á Vila de Quiroga para vender ou mercar productos; por el pasaban milleiros de cabezas de gando. Na actualidade pouco queda do camiño orixinal, boa parte remodelado polas máquinas para dar acceso ás zonas forestales, nalgúns casos dun xeito tan incontrolado que arrasaron séculos e séculos de historia, algo imposible de recuperar.
 
O camiño comeza en Froxán, na parte baixa da aldea, descende por un camiño entre muros de pedra, uns 400 metros hasta chegar a estrada de Froxán a Castro Portela, uns metros antes da ponte, leva un trociño pola estrada asfaltada, un anaco logo da ponte parte o camiño cara arriba para ascender de xeito seguido e en considerable subida hasta chegar á Pena do Castro, este é o punto final no que se avista o pobo de Froxán. Hasta non fai moito mantívose vivo o dito que neste punto sempre se vía humidade e isto eran as bágoas dos veciños e veciñas cando partían a outros lugares, ou mesmo os "quintos" ó ir facer o servizo militar. Tamén este era o primeiro lugar onde se ollaban os dominios de Froxán e se soltaban as bágoas de ledicia, bágoas que non matiñan a humidade. Aquí tómase o camiño que parte para arriba e, uns metros máis adiante, xunta nun recodo coa estrada de terra que serviu para chegar en coche hasta Castro de Portela e Froxán aló polos últimos anos da década dos 60 do pasado século; continuamos a pista ascendendo 2,8 quilómetros e aquí xiramos á esquerda, 400 metros máis arriba chégase ó alto no cruce da pista forestal que vai de Vilar do Lor ó Alto do Boi, este é o punto de maior altitude da ruta, un xiro á dereita e de seguido, á esquerda, pola pista coñecida como Pista de Mazaira, e dende aquí xa llaneando e en descenso hasta Quiroga.
 
DISTANCIA: 14 Kms aprox.
DIFICULTADE: Media.
HORA DE REUNIÓN: 09:00 Horas.
HORA DE SAÍDA: 09:15 Horas. (Moi importante puntualidade)
LUGAR DE SAÍDA: Froxán.
TEMPO ESTIMADO: 4 Horas con parada para café.
 
 
 
É necesaria inscripción para contar o número de prazas para o autobús de retorno a Froxán.
 
Ó coincidir coa feira de Quiroga  proponse, á chegada comer unha pulpada, quen estivera interesado que aporte ideas e confirme a súa participación na comida. O prezo da comida estase a negociar coa pulpeira.
 
Os Socios pagarán 1 Euro e os non socios 2 Euros
 
As persoas que confirmen a súa participación na ruta antes do día 8 ás 20:00 horas terán praza garantida no autobús para o regreso a Froxán
 
A saída de Quiroga está prevista entre as 16:00 e as 16:30 Horas
 
Para información e inscripción:
Tfnos.: 619 025 252 - 629 412 111  -  Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Para o vindeiro día 10 de setembro organizamos unha ruta  polo vello camiño da feira que leva dende Froxán a Quiroga, un percorrido cheo de historia e sentimento. Ó longo dos tempos foron centos e centos os coureláns que usaron esta vía para tomar rumbo ás "Américas" na busca de "El Dorado", tamén viu o retorno dalgúns, non moitos, que sentiron a morriña e retornaron o seu "terruño". Este camiño nalgúns tramos é coñecido como Camiño Real polos lugareños de maior idade. Hasta mediados do século XX foi saída e entrada natural para as xentes da zona sur de O Courel, foi vía de conexión do Courel Baixo co Camiño de Ferro na estación de San Clodio, e  comunmente coñecido como "CAMIÑO DA FEIRA" o ser transitado os días 10 e 27 de cada mes por tratantes de gando ou veciños que se achegaban á Vila de Quiroga para vender ou mercar productos; por el pasaban milleiros de cabezas de gando. Na actualidade pouco queda do camiño orixinal, boa parte remodelado polas máquinas para dar acceso ás zonas forestales, nalgúns casos dun xeito tan incontrolado que arrasaron séculos e séculos de historia, algo imposible de recuperar.

O camiño comeza en Froxán, na parte baixa da aldea, descende por un camiño entre muros de pedra, uns 400 metros hasta chegar a estrada de Froxán a Castro Portela, uns metros antes da ponte, leva un trociño pola estrada asfaltada, un anaco logo da ponte parte o camiño cara arriba para ascender de xeito seguido e en considerable subida hasta chegar á Pena do Castro, este é o punto final no que se avista o pobo de Froxán. Hasta non fai moito mantívose vivo o dito que neste punto sempre se vía humidade e isto eran as bágoas dos veciños e veciñas cando partían a outros lugares, ou mesmo os "quintos" ó ir facer o servizo militar. Tamén este era o primeiro lugar onde se ollaban os dominios de Froxán e se soltaban as bágoas de ledicia, bágoas que non matiñan a humidade. Aquí tómase o camiño que parte para arriba e, uns metros máis adiante, xunta nun recodo coa estrada de terra que serviu para chegar en coche hasta Castro de Portela e Froxán aló polos últimos anos da década dos 60 do pasado século; continuamos a pista ascendendo 2,8 quilómetros e aquí xiramos á esquerda, 400 metros máis arriba chégase ó alto no cruce da pista forestal que vai de Vilar do Lor ó Alto do Boi, este é o punto de maior altitude da ruta, un xiro á dereita e de seguido, á esquerda, pola pista coñecida como Pista de Mazaira, e dende aquí xa llaneando e en descenso hasta Quiroga.

 

  • DISTANCIA: 14 Kms aprox.
  • DIFICULTADE: Media.
  • HORA DE REUNIÓN: 09:00 Horas.
  • HORA DE SAÍDA: 09:15 Horas. (Moi importante puntualidade)
  • LUGAR DE SAÍDA: Froxán.
  • TEMPO ESTIMADO: 4 Horas con parada para café.


É necesaria inscripción para contar o número de prazas para o autobús de retorno a Froxán.
Ó coincidir coa feira de Quiroga  proponse, á chegada comer unha pulpada, quen estivera interesado que aporte ideas e confirme a súa participación na comida. O prezo da comida estase a negociar coa pulpeira.
Os Socios pagarán 1 Euro e os non socios 2 Euros
As persoas que confirmen a súa participación na ruta antes do día 8 ás 20:00 horas terán praza garantida no autobús para o regreso a Froxán
A saída de Quiroga está prevista entre as 16:00 e as 16:30 Horas


Para información e inscripción:Tfnos.: 619 025 252 - 629 412 111  -  Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

A Candea

  • Colección Revista A Candea
  • Selección de artículos

En esta sección puedes acceder a artículos individuales de A Candea: Selección de artículos

Leer más

Canal de video Fonte do Milagro

  • Default
  • Title
  • Date
  • Random
  • Uno de los compromisos de la Asociación es fomentar las actividades de senderismo y recuperación de rutas. Anualmente la asociación programa varias actividades de este tipo incluyendo rutas nocturnas
    Leer más

    Rutas y Senderismo

  • Cada año en la primera semana de diciembre se organiza la Fiesta de la Pisa de la Castaña. UN evento que reune a las figuras más representativas de las artes y las letras de Galicia.  
    Leer más

    Festa da Pisa da Castaña

  • En el enclave único e irrepetible del Caurel se realiza anualmente un Encuentro de Artesania
    Leer más

    Encontro de Artesans

  • Anualmente se desarrolla una jornada de Pintura al aire libre. El estilo y técnica son libres. La temática del certamen gira entorno a O Caurel (gentes, paisajes etc.)
    Leer más

    Certame de Pintura

  • La Asociación Fonte do Milagro celebra la Semana Santa, cada año con el Via Crucis el Viernes Santo
    Leer más

    Semana Santa

  • La Asociación Fonte de Milagro es un elemento dinamizador de la cultura en O Caurel. Entre sus actividades se cuentan algunas como la Festa da Amizade
    Leer más

    Otras Actividades

Acceder