Asociación Fonte do Milagro

Ruta O Carballal – San Vitorio. 13 de abril 2013

Novedades: Descargate la ruta para ver en Google Earth (al final del artículo)

  • Dificultade: MEDIA
  • Percorrido: 14,3 Quilómetros
  • Duración Aprox.: 4,5 Horas
  • Inscripción: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  Tel 619025252

Inicio da Ruta: O Carballal (Folgoso do Courel) – Coordenadas: 42º35'25.88"N, 7º15'41.74"W
Fin da Ruta: Capela do San Vitorio (Pobra do Brollón) Coordenadas: 42°35'55.56"N, 7°20'16.28"W
IMPORTANTE: Levar roupa cómoda, a ser posible algo de abrigo e impermeable por si chovera. Calzado axeitado, a poder ser goretex ou similar xa que atoparemos zonas de humidade.

O lugar de reunión para a saída será o punto final da ruta (Capela de San Vitorio) Aquí deixaremos os nosos vehículos e recolleranos un autobús para trasladarnos ó punto de inicio da ruta.
O autobús sairá do citado lugar ás 9:30 polo que se debe estar antes desta hora no punto de reunión.
Está previsto comezar a Ruta ás 10:15 horas. Outra opción é desprazarse por propios medios hasta o punto de inicio, logo teríamos que facer a xestión para volver dende o punto final, a última hora a recoller os vehículos.

FAREMOS UN XANTAR O REMATAR A RUTA Para participar no xantar deberás confirmalo (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  Tel 619025252) con unha antelación mínima de 48 horas.
O custo da comida será de 7 €uros que deberás abonar antes da saída.
O custo pola viaxe en autobús é de 4 Euros por persoa.
O prezo único polo xantar + autobús é de 10 €uros

DESCRIPCIÓN DA RUTA:

A ruta da comezo a 100 metros do Carballal na estrada que leva a Pedra da Seara. Aquí parte en ascenso un camiño que nuns metros está pavimentado e leva o cimeterio, continuamos de frente pola pista que sube os Catro Cabaleiros nun tramo case llano, atopamos unha pista a esquerda que comeza en lixeiro ascenso e que pouco a pouco nos leva por enriba das casas do Carballal, durante uns 200 metros o camiño ten un desnivel medio hasta chegar o primeiro quilómetro de percorrido onde o camiño se volve llano e en suave descenso hasta un cruce de pistas e cortalumes onde xa podemos ollar os vales do Lor e Loúzara, seguimos descendendo pola ladeira orientada o norte e nos permite ver boa parte das aldeas do Courel e de Loúzara.

Comeza o ascender o camiño pola pista forestal que atravesa a paraxe coñecida como Penas de Miranda hasta chegar a cota máxima a que ascende a Ruta (1180 metros) aquí levamos algo máis de 6 quilómetros de andaina. En poucos metros pisaremos terreo dos concellos de Folgoso do Courel, Samos, Incio e Pobra do Brollón. Dende este punto o camiño vai entre piñeirales nun leve descenso que apenas se aprecia, deixamos a esquerda as pista que levan os 4 Cabaleiros e a Pedra da Seara e un pouco máis adiante o cruce que a dereita leva a Casela e Arrexoá, aldeas separadas un metros pero de distinto concello, a primeira de Samos e a segunda do Incio, no citado cruce un panel metálico nos indíca que á esquerda a pista leva a Pobra do Brollón, e pola que nos debemos continuar.

Un pouco máis adiante parte a esquerda un vello camiño que en continuo descenso nos levará hasta a Veneira de Roques, un pobo cheo de historia, que que aínda garda moitos vestixos do seu pasado mineiro, deiquí saiu boa parte do mineral de ferro que abastecía as ferrerías da zona.

Atravesamos a aldea, hoxe moi mermada en canto a poboación, continuamos a ruta deixamos a aldea e chegamos a estrada asfaltada que leva a Pobra do Brollón, faremos case dos quilómetros da ruta pola dita estrada, xa que o vello camiño atópase intransitable, Chegamos a Covadelas, outro dos chamados pobos altos de Brollón e que tamén se atopa case despoboado, , aquí podemos desviarnos da ruta un cachiño para visitar a vella fonte do lugar. Paga a pena.

Saímos da aldea pola parte baixa e collemos un vello camiño que vai descendendo entre muros hasta topar con unha pista forestal, collemos a dereita e ascendemos un metros hasta o seguinte cruce que tomamos a esquerda en descenso para coller o sendeiro que baixa do Mirador hasta a Capela do san Vitorio un dos puntos máis atractivos da ruta. Pasamos o pé das pena onde se dí que aparecía o Santo e baixo de nos xa ollamos a capela e explanada onde remata a nosa andaina.

Esta es la ruta que hicimos. Tambien puedes descargarla en formato KMZ para verla en Google Earth.

No me digas.... no tienes el google Earth.... no me lo puedo creer...Aqui lo tienes... gratis

Nota del editor: He añadido un par de videos que encontre por youtube sobre esta ruta..Cuando tengamos más videos los pondremos aqui.

{jacomment on}

A Candea

  • Colección Revista A Candea
  • Selección de artículos

En esta sección puedes acceder a artículos individuales de A Candea: Selección de artículos

Leer más

Canal de video Fonte do Milagro

  • Default
  • Title
  • Date
  • Random
  • Uno de los compromisos de la Asociación es fomentar las actividades de senderismo y recuperación de rutas. Anualmente la asociación programa varias actividades de este tipo incluyendo rutas nocturnas
    Leer más

    Rutas y Senderismo

  • Cada año en la primera semana de diciembre se organiza la Fiesta de la Pisa de la Castaña. UN evento que reune a las figuras más representativas de las artes y las letras de Galicia.  
    Leer más

    Festa da Pisa da Castaña

  • En el enclave único e irrepetible del Caurel se realiza anualmente un Encuentro de Artesania
    Leer más

    Encontro de Artesans

  • Anualmente se desarrolla una jornada de Pintura al aire libre. El estilo y técnica son libres. La temática del certamen gira entorno a O Caurel (gentes, paisajes etc.)
    Leer más

    Certame de Pintura

  • La Asociación Fonte do Milagro celebra la Semana Santa, cada año con el Via Crucis el Viernes Santo
    Leer más

    Semana Santa

  • La Asociación Fonte de Milagro es un elemento dinamizador de la cultura en O Caurel. Entre sus actividades se cuentan algunas como la Festa da Amizade
    Leer más

    Otras Actividades

Acceder